INTERVENCIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE SAA
O proxecto de intervención arqueolóxica no Castro de Saa, do que é promotor o Concello de Pastoriza, foi presentado baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil Gonzalez diante do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellerería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, e autorizado o 19 de xaneiro do 2016.
A actuación arqueolóxica inicióuse a derradeira semán do mes de agosto do 2016.
O proxecto arqueolóxico desenrolase en tres fases:
1ª fase: Limpeza e desbroce de todo o elemento vexetal que cubre o xacemento arqueolóxico.
2ª fase: Escavación arqueolóxica en área
3ª fase: Consolidación das estructuras arqueolóxicas exhumadas durante a intervención.
A primeira fase, limpeza e desbroce, iníciase a derradeira semán do mes de agosto, e cóntase coa colaboración dún obradoiro de xardiñeria, concedido ao concello de Pastoriza en convenio có concello de Riotorto. Neste obradoiro participan oito alumnos, unha monitora e a directora do curso.
Denantes a intervención a superficie do xacemento arqueolóxico Castro de Saa atópabase enteiramente cuberta de maleza, monte baixo, toxo, felgo, brezo, etc.
O sistema de traballo para realizar a limpeza do manto vexetal que cubre o xacemento é o seguinte:
1º- Roza manual, con desbrozadora de mao e fouciños, do toxo, felgo e brezo que forman basicamente o monte baixo.
2º- Retirada dos elementos vexetais de acordo coa normativa vixente.
A roza do xacemento faise con carácter previo á intervención arqueolóxica. Ao remate da intervención se revisará esta limpeza.
A limpeza en todo caso executase de acordo coas indicacións e medidas correctoras derivadas dos informes e autorizacións emitidos polos organismos competentes na materia.
ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE SAA
A segunda fase de intervención no Castro de Saa, concello de Pastoriza é a Escavación Arqueolóxica en área.
Inicialmente no proxecto presentado diante da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural propuñemos a escavación en área de 50 metros cadrados, 5x10 m. Escavación dende a parte superior da muralla, próxima á porta de acceso da croa, cunha anchura de 5 metros, prolongándose en dirección ao interior do recinto habitacional ao longo de 10 metros.
A Resolución do Servizo de Arqueoloxía, autoriza a intervención pero considera que non debe incluirse na actual campaña, a escavación da muralla, variando o área, valorando previamente o interior do recinto habitacional do castro.
Dacordo con este criterio, variamos a colocación das catas iniciais, escavando en catro sectores da croa, có obxetivo de valorar a potencialidade das diferentes zonas, para finalmente centrar a escavación en área no sector máis fertil dende o punto de vista estructural.
Consideramos unha oportunidade, cara a investigación deste tipo de patrón de asentamentos castrexos do interior da provincia de Lugo, chegando a definir:
-
O estado de conservación do xacemento castrexo, có obxetivo de iniciar a súa posta en valor como un elemento do Patrimonio Cultural do Concello de A Pastoriza fundamental para axudar ao desenrolo turístico-cultural do municipio, xunto ó núcleo de Bretoña e o nacemento do río Miño, entre outros posibles.
-
O coñecemento das estructuras habitacionáis da croa do castro, pavimentos ou empedrados.
-
O estudo do material ergolóxico que concretará a adscripción cronolóxico-cultural do xacemento.
OBXETIVOS E METODOLOXIA NO PROXECTO DE INTERVENCION NO CASTRO DE SAA
O proxecto de intervención arqueolóxica no Castro de Saa, concello de Pastoriza iníciase o 25 de agosto do 2016 có desbroce e limpeza do xacemento arqueolóxico, pero a escavación arqueolóxica comenza o 4 de setembro.
Có obxetivo de centrar a escavación en área no sector que inicialmente maior potencialidade estructural habitacional poda aportar, marcamos catro catas arqueolóxicas valorativas de 2x2 m. en diferentes sectores do castro, próximas á muralla que defende a croa.
Utilizase a metodoloxía de traballo propia dunha escavación en área. Realizase a escavación por medios manuais das distintas unidades de traballo situadas na superficie do xacemento, acometendo o traballo en pequenas áreas para facilitar a retirada da terra que cubre o xacemento; retirarase a terra dende a capa superficial, seguindo, en principio, a orientación e guía das diferentes texturas e cores das correspondentes unidades estratigráficas, obtendo unha lectura estratigráfica preventiva, ó tempo que un recoñecemento do estado de conservación dos restos arqueolóxicos.
A actuación arqueolóxica permitirá a obtención de cortes estratigráficos ó longo da superficie investigada.
O vaciado de terras realizase aplicando técnicas de documentación estratigráfica tridimensional. Utilizase o sistema de rexistro baseado no concepto e unidade estratigráfica, diferenciando as unidades, sinalando características e compoñentes, rexistrando todo en fichas.
As calidades do depósito (primario, secundario) definen as unidades de rexistro, comprobando a súa natureza e orixe.
Utilizanse fichas de rexistro, onde se recollan e describan todas aquelas características que configuran cada unidade, e que permiten individualizalas.
O obxectivo final dun rexistro arqueolóxico é reunir toda a información nunha serie de arquivos:
-
Un sistema de información xeográfico que reúna todos os xeodatos, tanto en formato vectorial como na súa vertente escrita
-
Arquivo de fotos
-
Arquivo con representación gráfica das relación estratigráficas (matriz estratigráfica)
-
Memoria redactada que inclúe a narración da toma e organización dos datos e unha visión explicativa da evolución estratigráfica do xacemento, así como o estudo dos materiais exhaustivos que recolla referencias ás clasificacións tipolóxicas máis utilizadas para os conxuntos materiais de cada época.
-
Conxunto de planos ou mapas que inclúe, ademais dos habituais de situación e contexto, suficientes plantas compostas para a comprensión da evolución do xacemento.
ÁREA DE ESCAVACIÓN E EQUIPO DE TRABALLO NO CASTRO DE SAA
Denantes iniciar a escavación arqueolóxica das catas situadas na croa do Castro de Saa, finalizóuse a limpeza integral do recinto habitacional.
A primeira cata, cata 1, todas inicialmente de 2x2 m. situóuse próxima ao vano de acceso á croa dende o antecastro, á dereita, no sector sur; dúas catas, cata 2 e cata 4, localízanse no sector norte, e a derradeira cata, cata 3, marcóuse no sector leste. Estas catro unidades de traballo son en principio suficintes para facer unha valoración do estado de conservación do xacemento arqueolóxico, e posteriormente, coñecidos os resultados, centrar os traballos de escavación e consolidación no sector que ofreza maiores resultados dende o punto de vista estructural. Como nesta primeira intervención non se consideróu finalmente a proposta inicial de realizar un corte na primeira muralla, as exhumacións constructivas refírense básicamente as construccións habitacionáis da croa.
A superficie total proposta no actual proxecto é de 50 m2. As catro catas marcadas suman un total de 16 m2; os 34 m2 que faltan incluiranse como ampliación da cata que mellor resultados aporte á intervención.
Para realizar os traballos arqueoloxicos contase cunha equipa que consiste en dous arqueólogos profesionáis, seis peóns auxiliares de arqueoloxía, un graduado en comunicación audiovisual que se ocupa da divulgación dos traballos nas redes sociais, un especialista en rexistro, e tratamento de material, e unha empresa para o servizo de drom, fotogrametría e planimetría.
O Concello de Pastoriza, e moi especialmente o seu Alcalde, Primitivo Iglesias Sierra, impulsor do proxecto, aporta todos os medios materiais que sexan necesarios, así como toda a infraestructura para o desenrolo normal dos traballos, colaborando desta forma activamente có proxecto de intervención arqueolóxica, ademáis de axudar na divulgación do desenrolo dos traballos a través da prensa ou de actividades paralelas como a visita dos escolares da zona, e a preparación dunha charla sobre o resultado da intervención.
SONDAXE ARQUEOLÓXICA NO SECTOR NORTE. CATA 2
Rematada a limpeza do manto vexetal no recinto habitacional do Castro de Saa, no concello de Pastoriza, marcamos sobre o terreo as tres sondaxes valorativas previas ao prantexamento da escavación en área na zona que ofreza maior potencialidade arqueolóxica dende o punto de vista estructural.
No sector norte marcase a Cata 2 de 2x2 m. Ao carecer de planimetría previa do xacemento arqueolóxico, situamos as catas con orientación norte-sur nas zonas que consideramos potencialmente fértiles.
Situada a cata 2, á esquerda segundo entramos no recinto habitacional, procedemos a súa excavación. Retiramos en primeiro lugar o manto vexetal herbáceo, unidade estratigráfica 000(UE 000), que cubre toda a superficie e que amosa unha potencia en profundidade de 15 cm. A continuación escavamos a UE 001, entre 13-20 cm. de terra vexetal, de cor marrón, moi compacta e grao groso; non aporta material ergolóxico de ningún tipo.
Profundizamos na excavación da seguinte unidade estratigráfica, UE 002, unha capa de 14 cm de terra arxilosa roxiza, compacidade media e grao pequeño, con pedra de derrube de construcción, localizada somentes nunha zona da sondaxe próxima a esquiña suroeste; aporta algúns fragmentos de cerámica castrexa.
A unidade estratigráfica seguinte, UE 003, consiste nunha capa de terra arxilosa de cor amarelo, compacidade media e grao pequeño, con pedra mediana e grande procedente do derrube dalgunha construcción próxima; esta capa tén entre 20-30 cm. de potencia e sitúase a continuación da UE002 e cubre o resto da superficie da cata, situándose sobre a rocha nai; recuperanse algúns anacos de cerámica castrexa.
A derradeira unidade estratigráfica, UE 004, é o substrato, rocha nai, que é moi irregular, con caída sur-norte, e descúbrese en toda a superficie da sondaxe; sobre este substrato sitúanse as UEs 002 e 003, derrubes dunha estructura próxima que tendrá a cimentación directamente sobre o chán natural.
A pesar de que a escavación da Cata 2, cunha profundidade máxima de 85cm, non dá como resultado a exhumación de parte dalgunha estructura habitacional, si nos indica a recuperación de derrube con pedra, argamasa e cerámica, a próximidade da mesma.
SONDAXE ARQUEOLÓXICA NO SECTOR SUR. CATA 1
Como xa indicamos na descripción da Cata 2, rematada a limpeza do manto vexetal no recinto habitacional do Castro de Saa, no concello de Pastoriza, marcamos sobre o terreo as tres sondaxes valorativas previas ao prantexamento da escavación en área na zona que ofreza maior potencialidade arqueolóxica dende o punto de vista estructural.
No sector sur marcase a Cata 1, de 2x2 m. Ao carecer de planimetría previa do xacemento arqueolóxico, situamos as catas con orientación norte-sur nas zonas que consideramos potencialmente fértiles.
Situada a Cata 1, á dereita do acceso ao recinto habitacional ou croa do Castro, procedemos a súa excavación. Retiramos en primeiro lugar o manto vexetal herbáceo, unidade estratigráfica 000(UE 000), que cubre toda a superficie e que amosa unha potencia en profundidade de 15 cm. A continuación escavamos a UE 001, con 15 cm. de terra vexetal, de cor marrón, moi compacta e grao groso; non aporta material ergolóxico de ningún tipo.
Profundizamos na excavación da seguinte unidade estratigráfica, UE 002, unha capa entre 10-16 cm de potencia, baixo a UE 001. Consiste nunha capa de terra de cor marrón claro, de baixa compacidade e grao medio, que cubre a UE 003, con diferente potencia provocada pola diferente cota de afloramento da rocha que cae en dirección sur-norte. Aporta anacos de cerámica castrexa.
A unidade estratigráfica seguinte, UE 003, é un pavimento de arxila amarela con pedra pequena, moi compacta e horizontal que tén entre 5-15 cm. de potencia, xa que cubre as irregularidades da rocha nai. É o paseo de ronda do recinto habitacional entre a muralla e as habitacións.
A derradeira unidade estratigráfica, UE 004, é o substrato, rocha nai, que é moi irregular, con caída sur-norte, e descúbrese en toda a superficie da sondaxe; sobre este substrato sitúase as UE 003.
A pesar de que a escavación da Cata 1 non dá como resultado a exhumación de parte dalgunha estructura habitacional, si nos aporta o dato importante da exhumación do pavimento do paseo de ronda da croa.
SONDAXE ARQUEOLÓXICA NO SECTOR NORTE. CATA 4
Os resultados negativos inicialmente, dende o punto de vista de recuperación de estructuras habitacionáis in situ para a súa consolidación, nas Catas 1 e 2, motivóunos a marcar unha nova sondaxe valorativa no Sector Norte, no extremo próximo ao Sector Leste da Croa; as tres primeiras sondaxes situamolas, nos diferentes sectores, próximas á muralla que rodea e defende o recinto habitacional; a sondaxe 4 separamola da estructura defensiva, no inicio do centro da Croa que tén unha cota superior e destaca sobre o resto do recinto habitacional. Queríamos comprobar a cota de afloramento da rocha nai no centro da Croa, e a súa potencialidade arqueolóxica.
Situada a Cata 4, de 2x2 m., á esquerda do acceso ao recinto habitacional ou croa do Castro, a continuación da Cata 2, procedemos a súa excavación. Retiramos en primeiro lugar o manto vexetal herbáceo, unidade estratigráfica 000(UE 000), que cubre toda a superficie e que amosa unha potencia en profundidade de 15 cm. A continuación escavamos a UE 001, entre 15-20 cm. de terra vexetal, de cor marrón, moi compacta e grao groso; non aporta material ergolóxico de ningún tipo.
Profundizamos na excavación da seguinte unidade estratigráfica, UE 002, unha capa entre 3-20 cm de terra de cor marrón claro con pedra de construcción, de compacidade media e grao medio, situada sobre a UE 003.
A derradeira unidade estratigráfica, UE 003, é o substrato, rocha nai, que é moi irregular, con caída sur-norte, e descúbrese en toda a superficie da sondaxe; sobre este substrato sitúase as UE 002, con pequeno derrube dunha estructura próxima.
A pesar de que a escavación da Cata 4 non dá como resultado a exhumación de parte dalgunha habitación, si nos indica que o sector do centro da croa tivo construccións castrexas de paredes de pedra e teiro de material perecedeiro; a rocha sae a 30 cm no perfil sur, constatando o material constructivo i ergolóxico recuperado, a esistencia dunha ocupación da que recuperamos datos, pero o afloramento da rocha, casi en superficie, nesta cata, indica unha zona con escasas posibilidades de pervivencia de restos murarios in situ.