top of page

O Castro de Saa é un asentamento fortificado da Idade do Ferro; é o castro máis monumental do Concello de A Pastoriza, presentando un complexo defensivo moi ben conservado.

O seu emprazamento permite controlar visualmente o val do río Miño.

Conserva unha croa ou primeiro recinto circular de 100 m. de diámetro, defendida por unha muralla perimetral; a defensa complétase, na metade meridional, con tres foxos e tres parapetos, coincidíndo có acceso ao recinto, apreciándose o vano ou posible porta de acceso. O resto do recinto habitacional, agás esta zona meridional, ademáis da muralla deféndese por un parapeto.

O estado de conservación da croa e parte das estructuras defensivas é bó; nembargantes o aproveitamento forestal no entorno inmediato afectóu ao sistema defensivo do sector norte, e o aproveitamento agrícola poido ocasionar alteracións ou incluso destruccións en parte do sistema defensivo     

O Concello de Pastoriza, propietario do xacemento  arqueolóxico, promove unha intervención arqueolóxica que consiste na limpeza integral do elemento vexetal, a realización de excavación arqueolóxica e a consolidación das estructuras exhumadas có obxetivo de iniciar unha posta en valor do castro.

Nesta primeira campaña de intervención participan arqueólogos que contan coa colaboración dún obradoiro de xardiñería.

bottom of page